A CEB-EIB 2023 albergará as seguintes sesións especiais
- Sesión «Iberoamericana« (non paralela)
- Sesión «EMR-Italy« (non paralela)
- Sesión en honra a Carmen Cadarso Suárez (non paralela)
- Sesión «Galego-Portuguesa« (paralela)
- Sesión «BIOSTATNET« (paralela)
- Sesión «Sociedad Española de Epidemiología (SEE)« (paralela)
Descrición
Sesión «Iberoamericana» (non paralela)
Nesta ocasión a CEB celébrase conxuntamente co Encontro Iberoamericano de Biometría (EIB). Por esa razón o evento albergará unha sesión convidada Iberoamericana coa participación dun/ha relator/a de cada unha das rexións organizadoras: Rexión Española, Rexión Arxentina, Rexión Brasileira, Rexión Centroamericana e Caribeña, Rexión Chilena e Rexión Ecuatoriana.
Relatoras/es (confirmadas)
- Danilo Alvares, University of Cambridge, UK (Rexión Chilena)
- Mónica Balzarini, Universidad Nacional de Córdoba, Argentina (Rexión Arxentina)
- Marta Bofill Roig, Medical University of Vienna, Austria (Región Española)
- Liliana Lopez Kleine, Universidad Nacional de Colombia, Colombia (Rexión Centroamericana e Caribeña)
- Jessica Martha Vera Bermudez, Escuela Superior Politécnica del Litoral – ESPOL, Ecuador (Rexión Ecuatoriana)
Sesión «EMR-Italy» (non paralela)
Do mesmo xeito que en edicións anteriores da CEB, a conferencia tamén contará cunha sesión convidada organizada conxuntamente coa Italian Region e a Easter Mediterranean Region (EMR) da International Biometric Society (IBS). A sesión será moderada por Anabel Forte Deltell (Universitat de València) e contará con relatoras/es convidadas/os de Italia e os países membros da EMR.
Sesión na honra de Carmen Cadarso Suárez (non paralela)
Nesta edición da CEB-EIB renderemos homenaxe a Carmen Cadarso Suárez, falecida repentinamente en xuño do 2022. Carmen Cadarso foi unha Bioestatística galega, catedrática do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela, coordinadora e impulsora da rede nacional de Bioestatística BIOSTATNET, e directora do grupo de investigación de «Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos (GRID-BDS)», entre outros moitos logros. O legado e influencia de Carmen Cadarso no campo da Bioestatística sempre será lembrado. A sesión está organizada por Javier Roca Pardiñas (Universidade de Vigo).
Sesión «Galego-Portuguesa» (paralela)
Nesta ocasión, e dada a proximidade e fortes lazos científicos entre Galicia e Portugal, a conferencia contará cunha sesión convidada con participantes de ambos os países. A sesión está organizada por Rosa Crujeiras Casais (Universidade de Santiago de Compostela) e Inês Sousa (Universidadedo Minho, Portugal).
Sesión «BIOSTATNET» (paralela)
Sesión especial en colaboración coa rede nacional de Bioestadística BIOSTATNET. A sesión está organizada por David Conesa Guillén (Universitat de València), coordinador de BIOSTATNET, e contará con relatoras/es convidadas/os da rede.
Sesión «Sociedad Española de Epidemiología (SEE)» (paralela)
Sesión especial en colaboración coa Sociedad Española de Epidemiología (SEE). A sesión está organizada por Miguel Ángel Martínez Beneito (Universitat de València) e contará con relatoras/es convidadas/os da SEE.