Envío de Traballos

O Comité Organizador da XIX Conferencia Española e VIII Encontro Iberoamericano de Biometría (CEB-EIB 2023) convida a todas e todos os profesionais interesados no desenvolvemento e aplicación de métodos estatísticos e matemáticos en Bioloxía, Medicina, Psicoloxía, Farmacoloxía, Agricultura e outras ciencias afíns a enviar o resumo dun traballo para ser presentado nesta conferencia. Acéptanse propostas tanto para presentación oral como para póster.

O envío de resumos realizarase por medio do seguinte formulario web:

Os resumos deben seguir as indicacións que se especifican máis abaixo. Durante o proceso de envío será necesario achegar o documento en formato PDF (tamaño máximo 8 MB). Por favor, nomee o documento PDF do seguinte xeito: Apelidos_IniciaisNome_CEBEIB2023.pdf (Exemplo: Rodriguez_Alvarez_MX_CEBEIB2023.pdf). Un manual básico de axuda pode descargarse aquí.

Contribucións

Os resumos deben estar escritos en INGLÉS e ter unha extensión máxima dunha páxina. Os resumos deberán seguir o modelo creado a tal efecto para esta conferencia. Pódese empregar tanto LaTeX como MS Word.

Rógase subliñar ao/á autor/a que presentará o traballo na conferencia.

Os traballos que opten a participar na «Sesión Especial de Xoves Investigadoras/es» deben ter un formato específico. Máis información aquí.

Prazos de envío de resumos

  • Data de inicio do envío: 1 de decembro de 2022
  • Data límite de envío: 11 de marzo de 2023 4 de marzo de 2023
  • Notificación de aceptación: 10 de abril de 2023 30 de marzo de 2023
  • Data límite de inscrición de autores/as con traballos aceptados: 28 de abril de 2023 21 de abril de 2023

Notas importantes

  • Cada conferenciante non poderá presentar máis dunha comunicación (oral ou póster).
  • O envío dun resumo implica a autorización para a súa difusión por parte do Comité Organizador.
  • Todos os resumos enviados serán revisados confidencialmente polo Comité Científico, que poderá solicitar a súa revisión por profesionais da área alleos a este comité.
  • A decisión de aceptación dun traballo e a súa ubicación como oral ou póster será tomada polo Comité Científico.
  • As persoas que presenten un traballo aceptado deben estar rexistradas na conferencia antes do 28 de abril de 2023 21 de abril de 2023 (incluído).
  • Os resumos aceptados publicaranse no libro de resumos da conferencia que se distribuirá a todos os asistentes.
  • A invitación para enviar un resumo en ningún caso implica a exención ou redución dos gastos derivados da inscrición ou da viaxe da persoa que o presente na conferencia.