Inscrición

A inscrición á XIX Conferencia Española e VIII Encontro Iberoamericano de Biometría (CEB-EIB 2023) realizarase por medio do seguinte formulario:

Os diferentes tipos de cotas pódense consultar máis abaixo. Lembre que o pago é só posible por transferencia bancaria. No caso de que non poida realizalo por este método, póñase por favor en contacto connosco por correo electrónico: cebeib2023@uvigo.es. Un manual básico de axuda pode descargarse aquí.

Cotas de inscrición

A asistencia á conferencia é presencial. As categorías e cotas establécense do seguinte xeito:

Tipo REDUCIDA
Ata o 14 de abril de 2023 (incluído)
NORMAL
Desde o 15 de abril de 2023
Xeral 500 € 600 €
Membro SEB/IBS 400 € 500 €
Membro outras sociedadesa 450 € 550 €
Estudante membro SEB/IBSb 175 € 225 €
Estudante NON membro SEB/IBSb 225 € 275 €
Persoa acompañantec 150 € 150 €
Xeral – Países de ingreso mediano e baixod 250 € 250 €
Estudante – Países de ingreso mediano e baixod 150 € 150 €
a Listaxe de sociedades con redución na cota de inscripción: Ver listaxe (deberase acreditar pertenza no proceso de inscrición).
b As/os estudantes deberán acreditar a súa pertenza a dito grupo no proceso de inscrición presentando resgardo de matrícula ou documento similar.
c As/os acompañantes no poderán acceder ás sesiones da conferencia. Só terán dereito a asistir aos xantares e eventos sociais do programa CEB-EIB 2023.
d Ver listaxe de acordo ao Banco Mundial.

As cotas da conferencia inclúen:

  • Asistencia ás sesións dos 3 días da conferencia.
  • Abstracts da conferencia en formato electrónico.
  • Bolsa congresista con documentación.
  • Cafés e xantares.
  • Cóctel de benvida (martes, 27 de xuño).
  • Visita guiada por Vigo ou arredores (mércores, 28 de xuño).
  • Cea conferencia (xoves, 29 de xuño).

Curso previo

Adicionalmente, os congresistas poderán asistir ao curso que se impartirá o martes 27 de xuño, día previo ao inicio da conferencia, sempre e cando formalizaran a súa inscrición á conferencia. As cotas do curso indícanse a continuación:

Tipo REDUCIDA
Ata o 14 de abril de 2023 (incluído)
NORMAL
Desde o 15 de abril de 2023
Xeral 90 € 100 €
Membro SEB/IBS 75 € 90 €
Membro outras sociedadesa 75 € 90 €
Estudante membro SEB/IBSb 40 € 50 €
Estudante NON membro SEB/IBSb 50 € 60 €
Xeral – Países de ingreso mediano e baixod 50 € 60 €
Estudante – Países de ingreso mediano e baixod 40 € 50 €
a Listaxe de sociedades con redución na cota de inscrición: Ver listaxe (deberase acreditar pertenza no proceso de inscrición).
b As/os estudantes deberán acreditar a súa pertenza a dito grupo no proceso de inscrición presentando resgardo de matrícula ou documento similar.
d Ver listaxe de acordo ao Banco Mundial.

Necesidad de visado

É posible que as persoas participantes dalgúns países precisen visado para entrar en España. Recomendámoslles que consulten na Embaixada ou Consulado Español local a obrigatoriedade de visado. Póñanse en contacto co Comité Organizador para solicitar os documentos necesarios para tramitar o visado (cebeib2023@uvigo.es).

Política de cancelación

Cancelacións e reembolso:

  • Cancelacións realizadas ata o 30 abril de 2023: Reembolso do 95%.
  • Cancelacións realizadas entre o 1 de maio e o 7 xuño de 2023: Reembolso do 50%.
  • Cancelacións realizadas a partir do 7 de xuño non serán reembolsadas. Non obstante, aceptarase transferir a inscrición a outra persoa.

Todas as solicitudes de cancelación deben ser enviadas por escrito (correo electrónico) a: cebeib2023@uvigo.es

Nota: Se por causa de forza maior a organización tivese que cancelar a conferencia, devolverase a todas as persoas inscritas o 90% da cota aboada. O 10% restante utilizarase para sufragar os gastos derivados da propia organización.