Programa Social

Todas as actividades sociais da CEB-EIB 2023 están incluídas na cota de inscrición.

Martes 27 de xuño de 2023: Cóctel de benvida

O cóctel de benvida do congreso terá lugar no Museo-Pazo Quiñones de León situado no Parque de Castrelos (Vigo).

Mércores 28 de xuño de 2023

Podes escoller entre dúas opcións:

  • Roteiro en barco pola Ría de Vigo e Islas Cíes

  • Tour panorámico de Vigo en autobús

Desde a planta descuberta do bus turístico de Vigo poderás visitar algunhas das zonas máis emblemáticas da cidade. Grazas ao sistema de locución, dispoñible en varios idiomas, descubrirás que entre as rúas Policarpo Sanz e García Barbón se concentra a maior parte da oferta museística de Vigo, así como a identidade destes dous personaxes. A ruta turístico pasa polo mellor miradoiro sobre a ría de Vigo, descubrirache a auténtica cidade en barrios como Bouzas e levarate ata as marabillosas praias de Vigo.

Xoves 29 de xuño de 2023: Cea conferencia

A cea do congreso terá lugar no Hotel Pazo Los Escudos. O hotel atópase situado no barrio de Alcabre xunto á praia de O Carril (Vigo).