Co obxectivo de fomentar a actividade investigadora entre xoves investigadoras/es estatísticas/os, a XIX Conferencia Española e VIII Encontro Iberoamericano de Biometría (CEB-EIB 2023) terá, polo menos, unha sesión especial invitada para que estas/es poidan presentar os seus traballos.
Os traballos seleccionados para participar na «Sesión Especial de Xoves Investigadoras/es» optarán ao premio ao mellor traballo presentado por un/ha xove investigador/a (máis información na sección Premios).
Criterios de elixibilidade
As condicións para participar nesta sesión son as seguintes:
- Ser membro da International Biometric Society (IBS) a través dunha das seis rexións organizadoras (Arxentina, Brasileira, Centroamericana e Caribeña, Chilena, Ecuatoriana ou Española).
- Ser menor de 35 anos.
- Estar inscrita/o nun programa de pregrao, mestrado ou doutoramento dalgunha das seis rexións organizadoras.
- Para os doutores, que o tempo transcorrido desde a lectura da tese ata o inicio do congreso (27 de xuño de 2023) sexa inferior a 12 meses*.
*Este prazo poderá modificarse no caso de alegar baixa por maternidade/paternidade ou enfermidade. En tal caso, o tempo transcorrido desde a lectura da tese ata o comezo do congreso deberá ser inferior a 12 meses máis o período de baixa acreditado.
Envío de resumos
Para optar a participar nestas sesións especiais, as/os xoves deben enviar un resumo do traballo a presentar como comunicación oral. Só se poderá enviar un único traballo a esta sesión.
O resumo debe enviarse en formato LONGO, de 4 páxinas de lonxitude, en INGLÉS, e deberá seguir o modelo creado a tal efecto para esta conferencia. Pódese empregar tanto LaTeX como MS Word.
- Descargar modelo LaTeX para a «Sesión Especial de Xoves Investigadoras/es»
- Descargar modelo MS Word para a «Sesión Especial de Xoves Investigadoras/es»
Os resumos deben enviarse seguindo o procedemento normal de envío de resumos (ver Envío de Traballos), indicando que se opta á participación na «Sesión Especial de Xoves Investigadoras/es».
Selección
A selección dos trabajos que se presentarán nesta sesión realizarase en función da súa calidade científica e orixinalidade. As/os membros do Comité Científico e Organizador exercerán de comité de selección en colaboración coas sociedades rexionais. En caso de empate, terase en conta a antigüidade como membro da IBS. Unha vez finalizada a avaliación e a selección dos traballos, notificarase a resolución ás persoas seleccionadas para participar na sesión especial.