Premios

Premio ao mellor traballo presentado por un/ha xove investigador/a PREMIO CO-PATROCINADO POLA REVISTA SORT

Co obxectivo de impulsar a actividade investigadora das/os xoves estatísticos, a XIX Conferencia Española e VIII Encontro Iberoamericano de Biometría (CEB-EIB 2023) outorgará un premio ao mellor traballo realizado por un/ha xove investigador/a.

A información detallada de como optar a este premio atópase na sección Sesión Especial Xoves Investigadoras/es.

A avaliación dos traballos será realizada polo Comité Científico da CEB-EIB 2023 e a resolución será comunicada no transcurso da conferencia.

Premio «Florence Nightingale» á mellor comunicación con perspectiva de xénero

O premio Florence Nightingale (4ª edición) nace pola necesidade de incorporar e visibilizar a perspectiva de xénero en toda investigación e, en particular, na análise de cualquera tipo de datos.

As personas interesadas en optar a este premio farano constar no envío do resumo da comunicación.

A avaliación dos traballos será realizada polo Comité Científico da CEB-EIB 2023 e a resolución será comunicada no transcurso da conferencia.

Premio «Susie Bayarri» á mellor comunicación que empregue metodoloxía Bayesiana

Este premio xurdiu na CEB-EIB de 2015 (Bilbao) como homenaxe a Mª Jesús (Susie) Bayarri, destacada estatística Bayesiana con recoñecemento a nivel mundial. Susie foi presidenta da SEB entre os anos 2001 e 2003, así como Catedrática no Departamento de Estatística e I.O. da Universitat de València ata o seu falecemento en 2014.

As personas interesadas en optar a este premio farano constar no envío do resumo da comunicación.

A avaliación dos traballos será realizada polo Comité Científico da CEB-EIB 2023 en colaboración coa SEB e a resolución será comunicada no transcurso da conferencia.

Premio ao mellor póster realizado por un/ha xove investigador/a

O premio ao mellor póster presentado por un/ha xove investigador/a vénse dando, de xeito habitual, nas conferencias de biometría coa finalidade de fomentar a investigación entre os menos experimentados.

As condiciones para optar a este premio son as seguintes:

  • Ser menor de 35 anos.
  • Estar inscrita/o nun programa de pregrao, mestrado ou doutoramento.
  • Para os doutores, que o tempo transcorrido desde a lectura da tese ata o inicio do congreso (27 de xuño de 2023) sexa inferior a 12 meses*.
  • Ser a persoa que presente o póster na conferencia.

*Este prazo poderá modificarse no caso de alegar baixa por maternidade/paternidade o enfermidade. En tal caso, o tempo transcorrido desde a lectura da tese ata o comezo do congreso deberá ser inferior a 12 meses máis o período de baixa acreditado.  