O día 27 de xuño de 2023, terá lugar o seguinte curso (é necesario inscribirse tanto á conferencia como ao curso para poder asistir ao mesmo).
Título: Introdución aos modelos de curación
Poñentes: Ricardo Cao e María Amalia Jácome (Grupo de investigación MODES, CITIC, Departamento de Matemáticas, Universidade da Coruña)
Resumo: Introdución aos modelos de curación (cure models) dende unha visión conceptual e fundamentalmente aplicada. O curso empeza cunha pequena introdución ao concepto de cura en Análise de Supervivencia, e aos principais modelos en presenza de cura. O tema central do curso, os Mixture Cure Models, introdúcese tanto cun enfoque paramétrico e semiparamétrico como non paramétrico. O curso finaliza cunha discusión sobre a abordaxe dalgunhas cuestións que poden xurdir cando se aplican modelos de curación, como poden ser a identificabilidade do modelo e a presenza ou non de suxeitos curados.
O curso está planificado como unha combinación de sesións teóricas e prácticas con ordenador. Todo o material do curso estará dispoñible on-line.
Horario: O curso terá unha duración de 6 horas e impartirase en tres sesións. Dúas de mañá, de dúas horas cada unha, de 9:30 a 11:30 e de 12:00 a 14:00, separadas por un descanso de media hora e outra sesión de tarde tamén de dúas horas, de 16:00 a 18:00.
Descargar programa