Bolsas

A organización da XIX Conferencia Española e VIII Encontro Iberoamericano de Biometría (CEB-EIB 2023) ofrece un total de 5 bolsas para asistir á conferencia. As bolsas cubrirán os gastos de inscrición que non será necesario abonar.

Criterios de elixibilidade

Para solicitar as bolsas deben cumprirse as seguintes condicións:

  • Ter un traballo aceptado (oral ou póster) para a súa presentación na conferencia.
  • Ser menor de 35 anos.
  • Estar inscrita/o nun programa de pregrao, mestrado ou doutoramento.
  • Para os doutores, que o tempo transcorrido desde a lectura da tese ata o inicio do congreso (27 de xuño de 2023) sexa inferior a 12 meses*.

*Este prazo poderá modificarse no caso de alegar baixa por maternidade/paternidade ou enfermidade. En tal caso, o tempo transcorrido desde a lectura da tese ata o comezo do congreso deberá ser inferior a 12 meses máis o período de baixa acreditado.  

Envíos

Aquelas persoas interesadas en solicitar as bolsas deberán enviar a seguinte documentación ao correo cebeib2023@uvigo.es (o cebeib2023@uvigo.gal), indicando no asunto «Becas Inscripción Jóvenes CEB-EIB 2023»:

  • Copia do traballo enviado para a conferencia.
  • Carta na que se acredite a importancia de asistir á conferencia e a necesidade económica que xustifica a solicitude da bolsa. A carta deberá ir asinada pola persoa solicitante e a supervisora ou supervisor do traballo enviado.

A data límite para o envío é o 21 de abril do 2023 ás 23:59. Unha vez recibidas as solicitudes, estas serán avaliadas por membros dos comités científico e organizador designados para ese efecto. No prazo de 5 días a contar desde o 21 de abril do 2023 enviarase a decisión a todas as persoas solicitantes. A selección realizarase en función da calidade e orixinalidade do traballo, xunto coa necesidade económica da ou do participante. En caso de empate, priorizarase ás e ós membros da IBS (a través dalgunha das súas rexións).