A inscrición á XIX Conferencia Española e VIII Encontro Iberoamericano de Biometría (CEB-EIB 2023) realizarase por medio do seguinte formulario:
Os diferentes tipos de cotas pódense consultar máis abaixo. Lembre que o pago é só posible por transferencia bancaria. No caso de que non poida realizalo por este método, póñase por favor en contacto connosco por correo electrónico: cebeib2023@uvigo.es. Un manual básico de axuda pode descargarse aquí.
Cotas de inscrición
A asistencia á conferencia é presencial. As categorías e cotas establécense do seguinte xeito:
Tipo | REDUCIDA Ata o 21 de abril de 2023 (incluído) |
NORMAL Desde o 22 de abril de 2023 |
---|---|---|
Xeral | 500 € | 600 € |
Membro SEB/IBS | 400 € | 500 € |
Membro outras sociedadesa | 450 € | 550 € |
Estudante membro SEB/IBSb | 175 € | 225 € |
Estudante NON membro SEB/IBSb | 225 € | 275 € |
Persoa acompañantec | 150 € | 150 € |
Xeral – Países de ingreso mediano e baixod | 250 € | 250 € |
Estudante – Países de ingreso mediano e baixod | 150 € | 150 € |
b As/os estudantes deberán acreditar a súa pertenza a dito grupo no proceso de inscrición presentando resgardo de matrícula ou documento similar.
c As/os acompañantes no poderán acceder ás sesiones da conferencia. Só terán dereito a asistir aos xantares e eventos sociais do programa CEB-EIB 2023.
d Ver listaxe de acordo ao Banco Mundial.
As cotas da conferencia inclúen:
- Asistencia ás sesións dos 3 días da conferencia.
- Abstracts da conferencia en formato electrónico.
- Bolsa congresista con documentación.
- Cafés e xantares.
- Cóctel de benvida (martes, 27 de xuño).
- Visita guiada por Vigo ou arredores (mércores, 28 de xuño).
- Cea conferencia (xoves, 29 de xuño).
Curso previo
Adicionalmente, os congresistas poderán asistir ao curso que se impartirá o martes 27 de xuño, día previo ao inicio da conferencia, sempre e cando formalizaran a súa inscrición á conferencia. As cotas do curso indícanse a continuación:
Tipo | REDUCIDA Ata o 21 de abril de 2023 (incluído) |
NORMAL Desde o 22 de abril de 2023 |
---|---|---|
Xeral | 90 € | 100 € |
Membro SEB/IBS | 75 € | 90 € |
Membro outras sociedadesa | 75 € | 90 € |
Estudante membro SEB/IBSb | 40 € | 50 € |
Estudante NON membro SEB/IBSb | 50 € | 60 € |
Xeral – Países de ingreso mediano e baixod | 50 € | 60 € |
Estudante – Países de ingreso mediano e baixod | 40 € | 50 € |
b As/os estudantes deberán acreditar a súa pertenza a dito grupo no proceso de inscrición presentando resgardo de matrícula ou documento similar.
d Ver listaxe de acordo ao Banco Mundial.
Necesidad de visado
É posible que as persoas participantes dalgúns países precisen visado para entrar en España. Recomendámoslles que consulten na Embaixada ou Consulado Español local a obrigatoriedade de visado. Póñanse en contacto co Comité Organizador para solicitar os documentos necesarios para tramitar o visado (cebeib2023@uvigo.es).
Política de cancelación
Cancelacións e reembolso:
- Cancelacións realizadas ata o 30 abril de 2023: Reembolso do 95%.
- Cancelacións realizadas entre o 1 de maio e o 7 xuño de 2023: Reembolso do 50%.
- Cancelacións realizadas a partir do 7 de xuño non serán reembolsadas. Non obstante, aceptarase transferir a inscrición a outra persoa.
Todas as solicitudes de cancelación deben ser enviadas por escrito (correo electrónico) a: cebeib2023@uvigo.es
Nota: Se por causa de forza maior a organización tivese que cancelar a conferencia, devolverase a todas as persoas inscritas o 90% da cota aboada. O 10% restante utilizarase para sufragar os gastos derivados da propia organización.