Benvida! Benvido!

O libro de resumos pode descargarse aquí

Entre os días 27 e 30 de xuño de 2023 terá lugar en Vigo a XIX Conferencia Española de Biometría (CEB). Nesta ocasión, a conferencia celebrarase conxuntamente co VIII Encontro Iberoamericano de Biometría (EIB) e contará coa participación das rexións Arxentina, Brasileira, Centroamericana e Caribeña, Chilena e Ecuatoriana da International Biometric Society (IBC).

A conferencia está organizada polo Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo e o grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research), respondendo á petición da Sociedad Española de Bioestadística (SEB). Contamos tamén coa inestimable axuda das nosas compañeiras e compañeiros das rexións Arxentina, Brasileira, Centroamericana e Caribeña, Chilena e Ecuatoriana.

O obxectivo xeral da CEB-EIB 2023 é a difusión dos resultados obtidos no desenvolvemento e aplicación de métodos estatísticos e matemáticos en Bioloxía, Medicina, Psicoloxía, Farmacoloxía, Agricultura e outras ciencias afíns.

Conferencias Plenarias

Curso Previo

CEB-EIB 2023 comeza en…

0
Días
0
Horas
0
Minutos
0
Segundos